tag:blogger.com,1999:blog-18948083.post5579708521891002484..comments2023-07-23T13:47:03.228+02:00Comments on Un ollo de vidro: Ex Machina: Xogo sucioOllo de Vidrohttp://www.blogger.com/profile/09755966715819647336noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-18948083.post-18006751033447671382010-05-31T11:30:14.574+02:002010-05-31T11:30:14.574+02:00Pois para non deternos, ademáis os personaxes de V...Pois para non deternos, ademáis os personaxes de Vaughan non evolucionan, o que me pareceu bastante flagrante no caso de Y..., que era unha serie que se prestaba para que o personaxe madurara na súa viaxe. O Yorick do capítulo final segue a ser esencialmente o mesmo do primeiro capítulo.

Dito todo isto, eu confeso que sigo a ler a Vaughan porque tamén ten acertos, ainda que non o pareza lendo os nosos comentarios. Sabe provocar dilemas interesantes, sabe deixar ao lector con ganas de máis (en Y... houbo magníficos cliffhangers) e sería magnífico nos diálogos se fose quen de diversificar un pouco as voces dos seus personaxes.

E nada, agradecido polas túas palbras!Ollo de Vidrohttps://www.blogger.com/profile/09755966715819647336noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18948083.post-58418761836331337792010-05-29T22:52:15.645+02:002010-05-29T22:52:15.645+02:00Iso! Eu non o podería dicir mellor! E para máis in...Iso! Eu non o podería dicir mellor! E para máis inri, eses personaxes tan irónicos e listillos logo sonche puro pan sen sal, todos boíños e cheos de valores e completamente incorruptibles e irreais e aburridos.
Vaia xogada que as cousas máis interesantes (Ser o derradeiro home da terra! Ser o único superheroe do planeta!) lles teñan que pasar aos nachos máis grises!

(E nada ho! Eu comento cando penso que teño algo que aportar, pero son lector fiel deste blog dende hai xa moito tempo!) :-)Snob Megalovehttp://snob.blogaliza.org/noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18948083.post-44836364483707784292010-05-28T14:25:46.717+02:002010-05-28T14:25:46.717+02:00Vaughan demostra ser moito mellor plantexando tram...Vaughan demostra ser moito mellor plantexando tramas que desenvolvéndoas; foi o que lle pasou, ao meu entender, en Y the last man: combinaba momentos brillantes con outros moi mellorables. E aínda sinalaría outro problema seu: todos os seus personaxes (Hundred, Yorick e os secundarios dunha e outra serie) falan igual, todos son sarcásticos, todos os diálogos semellan ser un auténtico duelo de intelectos...

Graciñas polo comentario.Ollo de Vidrohttps://www.blogger.com/profile/09755966715819647336noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18948083.post-66744080666802143842010-05-27T18:20:12.929+02:002010-05-27T18:20:12.929+02:00Concordo. Mágoa que Ex Machina estea a perder o no...Concordo. Mágoa que Ex Machina estea a perder o norte cando xa queda pouco para o seu remate. As historias son ruíns, e o tratamento pretendidamente "neutral" da política fica en conservador, conformista e, o verdadeiramente imperdonable, insípido.
Igual que con Y The Last Man, BK Vaughan parece que non sabe manter a calidade nas súas creacións, nin rematalas ben: :-/Snob Megalovehttp://snob.blogaliza.org/noreply@blogger.com