Unha obra como The Surrogates (Glénat, 2007) estaba abocada a pasar desapercibida. De autores descoñecidos (Robert Venditti e Brett Weldele), publicada orixinalmente nunha independente norteamericana (Top Shelf) e en España por unha editorial especializada en manga e cómic europeo, as súas opcións para facerse cun espazo de seu eran máis ben escasas. E porén, nos meses que seguiron á súa publicación recabou un feixe de boas críticas e non poucas recensións en prensa, blogs, etc., o que fala ben do criterio da editorial que preside Joan Navarro.
A imitación dos grandes clásicos da ciencia ficción, The Surrogates válese dun escenario futurista para reflexionar sobre a sociedade actual e a repercusión que nela teñen determinados avances tecnolóxicos. O anonimato e a conseguinte irresponsabilidade fronte ás proprias accións ou a posibilidade de ter outras identidades e levar outras vidas son cuestións tratadas con intelixencia na obra e a súa mensaxe, que inevitablemente soa a advertencia, non cae nunca en solemnidades ou moralismos vacuos. A narración discurre segundo a estrutura do relato policial, formato éste que tamén conta cunha significada tradición no ámbito da ciencia ficción, pero non estamos ante unha obra puramente referencial. Pola contra, hai nela unha vontade xenuina de lle dar novas pólas á rama da ficción na que se insire. Os resultados son magníficos.
Fálase xa de continuación. Tamén de adaptación ó cinema. Outra vaca no millo. Con Bruce Willis. Glups.

2 comentarios:
Unha vez mais (e van xa...) coincidimos nas lecturas.
Lin esta obra hai xa moitos meses e gustoume. O autor é quen de darlle á historia moita verosimilitude, o que é o quid da boa SciFi. Detalles coma a relación do protagonista coa súa muller, por dicir algún.
Non sei quen dixera que o importante na SciFi non é falar dun aparello que existirá dentro de cen anos, a coña é falar de como afectará ese aparello á sociedade. E de paso reflexionar sobre o presente, claro. Coma fai esta obra.
Perdoa a demora na resposta, veño de pasar unha tormenta estomacal de case unha semana.
Alégrome da coincidencia. Coincido en que a relación do poli coa súa dona é un punto forte dentro da trama. E gústame que a ci-fi non renuncie a moralizar, no mellor sentido da palabra.
Publicar un comentario