Foi nos anos 80 cando os X-Men deron en transformarse en franquicia. Á crecente presenza de mutantes en cabeceiras alleas engadíronse a produción de series limitadas protagonizadas polos rapaces de Xavier e o nacemento de títulos derivados da matriz X, o primeiro deles, Os Novos Mutantes, versión xuvenil dos heroes mutantes xurdida en 1982. Os cómics que compila As guerras Asgardianas (Panini, 2010) poden ser representativos deste momento no que Marvel acomete a explotación comercial dos seus personaxes de éxito cunha prudencia que hoxe resulta sorprendente. Conforman este tomo a miniserie de dous números que compartiron Alpha Flight e os X-Men aló por 1985 e o que foi a continuación oficiosa do seu argumento, un número especial (o que hoxe chamarïamos un one-shot) dos Novos Mutantes e un Anual da Patrulla X, ambos do mesmo ano. Nestes cómics atopamos tópicos argumentais tan propios do seu tempo como característicos da escrita do seu autor, un Chris Claremont probablemente no cumio da súa carreira tras converter aos X-Men na cabeceira que marcaría a evolución do cómic superheroico durante anos. Claremont engadira ás inseguridades e feblezas propias dos heroes Marvel unha visión abertamente problemática dos superpoderes, que de seren contemplados coma un don trocaban en pretexto para a exclusión social.
Na primeira miniserie, o deus nórdico Loki ofrecía aos mutantes e os superheroes canadenses de Alpha Flight, un agasallo que lles permitía vivir cos seus poderes de xeito desproblematizado ao tempo que lles brindaba a oportunidade de acabar coas inxustizas do mundo. O velado sacrificio que se lles esixía en troques revela non só a estirpe faustiana da trama, senón tamén o gusto de Claremont por uns dilemas que os heroes resolvían sempre a partires da súa integridade moral. A continuación da saga nos dous números unitarios de Os Novos Mutantes e A Patrulla X ofrece apenas unha variación sobre este argumento. Neles, a lendaria terra de Asgard representa para os mutantes a lonxanía dos seus problemas mais tamén o abandono do seu labor heroico na Terra. Na primeira miniserie, os heroes rexeitan construir o ben común a partires dun sacrificio inxusto; na segunda renuncian ao seu benestar persoal para loitar polo ben común. Ambos discursos reforzan a concepción do superheroe pre-Watchmen, asediado por unha vivencia problemática da súa condición superpoderosa, mais moralmente blindado.
Acompañan o relato uns personaxes perfectamente caracterizados, unha celebración do sentido da aventura alonxado de calquera carga existencial e un evidente tributo aos territorios míticos concebidos por Stan Lee e Jack Kirby. No apartado gráfico, Paul Smith está á altura da súa soberbia etapa na cabeceira dos X-Men e algo semellante acontece co maxestoso Arthur Adams que, malia a súa xuventude, completa un dos mellores traballos da súa carreira. Sen marcar un fito na historia do xénero, estes cómics exemplifican a mellor faciana que o tebeo superheroico podía ofrecer nos 80.

Ningún comentario:
Publicar un comentario