venres, marzo 22, 2013

Qadriños: Tanxencias, adeus a un clásico



















Coa apertura da libraría Tanxencias na Coruña hai 17 anos deixei atrás unha frustrante carreira de francotirador de librarías e quioscos para disfrutar da aburrida tranquilidade de quen sabe que pode mercar o que quere cando quere. Cambiei incertidume por seguridade, os meus gastos subiron, o espazo dispoñible nos meus andeis baixou. Fíxenlle un high five á man invisible de Adam Smith, os afeccionados á BD pasabamos a disfrutar das vantaxes da mítica intersección entre oferta e demanda. Sempre fun consciente de que optando por esta tenda estaba a facer ademais unha outra elección, a dun pequeno establecemento de barrio fronte as multinacionais e grandes empresas que, dende hai uns poucos anos, tamén ofertan BD. O vindeiro 27 de marzo Tanxencias pechará definitivamente as súas portas, unha mala nova para min como cliente habitual, pero sobre todo para os seus donos. Tamén un síntoma (o enésimo) de que a invernía da crise é moito máis crúa e cruel co pequeno comercio. Escribo sobre o tema en Qadriños: Tanxencias, adeus a un clásico.

2 comentarios:

AnnaRaven dixo...

Unha nova desoladora, certamente síntoma doutros males máis profundos, arraigados no celme desta sociedade nosa.

Ollo de Vidro dixo...

Pois si, esperemos que o resto vaian resistindo. Hai pouco estiven, por certo, en A Gata Tola, levaba anos sen ir. Menudo templo!