xoves, maio 15, 2014

Conversa sobre o Saló de Barcelona en Metrópoles Delirantes

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dende hai uns meses a banda deseñada ten presenza nas ondas. A radio online do proxecto CampUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela emite cada mércores Metrópoles Delirantes, programa sobre cómic conducido por Nieves Rodríguez e que conta coa colaboración de Pedro Rey e José Ángel Ares entre outros. Aquí podedes escoitar todos os programas gravados ata a data, nos que ademais de novas, comentarios e recomendacións, poden atoparse extensas entrevistas a primeiras figuras da BD galega como David Rubín, Miguel Cuba, Emma Ríos ou José Domingo
 
A semana pasada tiven a sorte de ser convidado a participar no programa para comentar as candidaturas aos Premios do inminente Salón Internacional do Cómic de Barcelona. Foi un pracer poder conversar demoradamente con Xaime Lis, da libraría Kómic de Santiago, ademais de con Nieves e Pedro, sobre os autores e obras escollidos por FICOMIC. Nestes tempos, nos que prima a concisión, os 140 caracteres e os medios tratan as súas audiencias coma se padecesen un trastorno de atención, a existencia dun espazo que permite falar de vagar sobre banda deseñada é a máis fermosa forma de protesta. Velaí o programa completo.

 

Ningún comentario: