É probable que o Pyongyang de Guy Delisle non tería sido unha obra tan redonda de non ter sido precedida por Shenzhen. Ambas comparten propósito e enfoque: a aproximación en clave autobiográfica e moderadamente humorística ó mundo oriental (Corea do Norte e República Popular de China, respectivamente) por parte dun quebequés. Shenzhen funciona como ensaio xeral, sólido e ameno, fondamente respetuoso cos “outros” (a pesares da incomprensión persoal ou a discrepancia co modelo político), sanamente gracioso, sempre comedido. E sen embargo, debe considerarse sutilmente inferior á obra que a seguiría.
É menor a súa capacidade de penetración na cultura chinesa, se cadra porque, dacordo co narrado, o autor estuvo máis illado, tivo menos contacto cos chineses e mesmo con estranxeiros residentes naquela cidade. Hai un distanciamento maior na súa experiencia que en boa medida se transmite ó lector. Mesmo os seus trazos teñen un acabado difuso pouco favorecedor.
Xa que logo, podería dicirse que, paradóxicamente, o maior defecto de Shenzhen é Pyongyang, motivo polo cal resulta recomendable ler as dúas obras na orde en que foron publicadas orixinalmente (a edición de Astiberri seguiu a orde inversa), de xeito que, ó ir in crescendo, o disfrute de ambas sexa maior.
Entradas relacionadas:
Pyongyang
1 comentario:
Non lin Shenzhen e xa lin Pyongyang, e non penso que o vaia mercar.
Pyongyang gustoume pero quedoume unha sensación coma de agardar que a obra fora algo mais (non sei explicar que mais)
Publicar un comentario