mércores, maio 08, 2013

Lóstregos de Brest!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Xa pode lerse en culturagalega.org a primeira das dúas "paisaxes" que dedicarei á Bretaña francesa. Nela falo de Brest, fermosa cidade portuaria que estaba sempre en boca do capitán Haddock, e que foi representada en todo o seu esplendor por artistas como Jacques Tardi ou Patrice Pellerin. Despois da Segunda Guerra Mundial, que a deixaría destruída, viría a reconstrucción, período que sería certeiramente retratado por Etienne Davodeau. Pasen e lean, Lóstregos de Brest! 

Ningún comentario: