mércores, setembro 07, 2011

Barcelona, a ollada interior (I)



Posto que a extensión das Paisaxes de papel está máis ou menos preestablecida, non son poucas as ocasións en que teño que levar a cabo unha selección entre os traballos inicialmente dispoñibles, xa que aludir a máis de cinco ou seis obras implica identificalas polo nome e o autor sen poder ir máis aló dunha breve pincelada acerca do seu contido. No caso de Barcelona, fíxoseme evidente axiña que, malia as súas desventaxas, resultaba preferible mencionar un número amplo de títulos a reducir o abundante, variado e rico material dispoñible a apenas media ducia de obras. E así, partindo do recente El invierno del dibujante e seguindo e coa historia editorial da cidade e as sucesivas xeracións de autores que foron xurdindo como fío condutor, aludo nesta columna a un considerable número de artistas e obras que, aínda así, pretende ser representativo antes que exhaustivo. Estou convencido de que todos eles merecerían unha atención máis demorada. Queda pendente unha segunda columna que recolla a imaxe da cidade na obra de autores internacionais. Velaí Barcelona, a ollada interior.

Ningún comentario: