mércores, novembro 16, 2005

Afinidade

Image hosted by Photobucket.com
Lin Tipping the velvet (algo así como “fregar o veludo”), a primeira novela de Sarah Waters, haberá uns meses. Atopei daquela un texto longo que, aínda que tiña un bó comezo, ía perdendo forza a medida que a narración avanzaba. Ó remate quedei un tanto decepcionado pola corrección política e un tanto moralizante coa que a autora resolveu a trama.

Veño de ler agora a que foi a seguinte novela desta autora e, aínda que por motivos diferentes, a sensación é semellante. Ambientada a finais do século XIX, Afinidade conta a historia dunha muller que se adica a visitar caritativamente ás mulleres recluidas no cárcere de Millbank. Alí coñece a unha rapaza que exercía como médium e pola que comeza a sentir unha crecente fascinación.

Entendo que, de novo, a narración resulta excesivamente longa, sendo especialmente superfluas as pasaxes que a autora adica a rentabilizar a súa fonda documentación histórica. No narrativo, o uso do tempo presente en combinación co pretérito perfecto ou indefinido resta, na miña opinión, claridade ó texto. Ademáis, a novela remata cun twist final que resulta forzado e mesmo algo tramposo.
En definitiva, teño a impresión de que Waters bota a perder na execución o acertado dos seus intereses temáticos.

Ningún comentario: