Veño de rematar Jack Staff, todo solía ser en branco e negro, cómic co que Paul Grist leva a cabo un peculiar achegamento ó xénero superheroico. O tomo recopila os 12 primeiros capítulos da serie, cronolóxicamente anteriores ós outros dous volumes publicados en España deste personaxe.
A maior virtude de Grist é, sen dúbida, a de facer pasar por sinxelo o que non o é. As aventuras de Jack Staff teñen un tono desenfadado e desmitificador, mesmo inxenuo, e sen embargo a simplicidade do relato é só aparente. O autor é quen de manter varias liñas argumentais abertas e vivas, con cadanseus protagonistas en constante definición (¡cantos secundarios e que ben atendidos todos eles!), avanzando simultáneamente e sen dar lugar á menor confusión.
Algo semellante pode dicirse do seu debuxo. Tras o seu trazo sobrio e de estilo probablemente inaxeitado para un comic de superheroes, agóchase unha indiscutible mestría narrativa e un sentido do ritmo envexable.
Máis aínda, malia a inxenuidade da trama e o seu regusto clásico, o constante xogo referencial de personaxes e autores vencella a este cómic á liña revisionista do xénero superheroico, sendo o seu pulcro sentido do humor e a falta de pretensións as notas que o fan destacar fronte a productos semellantes.
A edición de Recerca, cos seus defectos (bótanse en falta as portadas orixinais dos 12 capítulos, o artigo introductorio é bastante prescindible), resulta satisfactoria e o prezo (uns 20 euros) non é excesivo en comparación co de outros productos semellantes. Por un afortunado erro no etiquetado, a min valeume 12 euros. Un motivo máis para a felicidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario