Grant Morrison deuse a coñecer coa interesante novela gráfica Arkham Asylum, debuxada polo xenial Dave McKean. Ocupouse posteriormente de personaxes de DC polos que ninguén daba un can, Animal Man e a Doom Patrol, dos que creou unha versión persoal e arriscada que lle mereceu o recoñecemento da crítica. O suceso de Morrison baseouse, xa que logo, na liberdade creativa coa que se desenvolveu en títulos que a ninguén interesaban antes da súa chegada como os mencionados, e tamén en cabeceiras de creación propia coma Os Invisibles. De aí saltou a series de primeira liña das grandes editoriais ianquis, a JLA para DC cómics e os X-Men para Marvel, obtendo igualmente un considerable éxito. É lóxico pensar, non obstante, que o control editorial sobre o seu labor nestas franquicias foi considerablemente maior.
The Filth (O Lixo, por máis que a traducción española leve por título El Asco) supuxo a volta de Morrison ó selo Vertigo de DC. Da a impresión de que, con este cómic, o autor non só tenta desquitarse da perda de liberdade dos últimos anos, senón tamén facerllo explícito ó lector. O resultado é un cómic disparatado, vitriólico, deliberadamente caótico e cunha evidente vontade transgresora.
O delirio sicodélico dos deseños ou a escatoloxía temática de The Filth entroncan coa vocación experimental de certos traballos europeos de ciencia ficción dos anos 70 e 80, especialmente os seriais de ci-fi da revista 2000 A.D. e boa parte dos cómics da Fleetway. O absurdo, a radicalización dos contidos e un certo feísmo estético mistúranse nesta obra co deliberado propósito de epatar ó lector, cando non de facerlle a lectura abertamente desagradable.
Agora ben, que os personaxes sexan excesivos ou a trama disparatada non debe servir como pretexto para que a narrativa resulte caótica. Dito doutro xeito, tamén o caos pode presentárselle ó lector con claridade. Un ten a impresión de que The Filth é un traballo baleiro e descoidado, que se vale do subterfuxio da experimentación e o maximalismo para prescindir da necesaria coherencia de calquera relato. Polo demáis, os intentos rupturistas resultan bastante vacuos e ineficaces. Teño para min que a transgresión é ben máis eficaz cando se disfraza de normalidade.

Polo demáis, a parte gráfica corre a cargo de Chris Weston, cuio traballo lembra, salvando as distancias, ó dun Brian Bolland primeirizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario