Os propósitos de Manu Larcenet cos seus Combates cotiáns poden parecer obvios considerando tanto o nome da serie como a denominación concreta desta segunda entrega: Tantas pequenas cousas. Trátase, xa que logo, de partir do miúdo para chegar ó trascendente, de reparar na importancia das vivencias diarias e de definir como loita os pequenos retos que cada un de nós debe encarar na súa vida persoal. É, polo tanto, unha obra con pretensións, o cal por unha banda se agradece (moitos disfrazan de cotidianeidade a súa incapacidade para contar unha historia) pero por outra conleva certos riscos (son as pretensións frustradas as que dan lugar á pretenciosidade).
O meu problema con Larcenet é que non atopo nos seus traballos ideas que xustifiquen a súa vocación de profundidade. Se no primeiro tomo de Os combates... se plantexaban dilemas gastados e previsibles, esta segunda entrega reincide neles ó tempo que aporta novos argumentos tratados simplista e inxenuamente.
E así, repítese o tema do compromiso de parella e a maduración persoal (¿non son o mesmo?), agora baixo a forma ameazante da paternidade e o cambio de vivenda. Pola súa banda, a relación do protagonista co veterano de guerra mantense nun impasse lóxico: xa que Larcenet decide non resolver o conflicto (¿pode arrepentirse e cambiar alguén que no pasado fixo cousas terribles?), éste non pode avanzar cara ningures. A todo o anterior hai que engadir a morte do pai de Marco, nota sentimental sen maior relevancia no texto.
Ademáis, Marco coñece a un fotógrafo cuia obra admira e descobre que é un patán de discurso pomposo e autocompracente que, por riba, fala mal del ás súas costas. Conclusión: di o protagonista que o psicoanálise aprendeulle a separar ó autor da súa obra, que a calidade desta non implica a bondade de aquel. Fonda, fondísima reflexión que poucos cráneos serán quen de alcanzar sen a axuda de Freud (?!).
Por se fose pouco, plantéxase o problema do ascenso de LePen en Francia, na persoa dun traballador, vello coñecido do pai de Marco, persoa recta e bondadosa que ven de votar á ultradereita. Inquerido respecto ós seus motivos, ven a recoñecer que si, que aquel é un facha e non ten especial afinidade con el pero que, como está descontento co mundo, dalle o seu voto ó primeiro que lle promete un cambio. É dicir, no canto de amosar ó adversario alí onde é forte, preséntaselle desarmado e, polo tanto, abatible. Quen apoie a LePen por simple descontento poderá deixar de facelo en calquera momento; o debate real está nos argumentos da ultradereita e nas persoas que acreditan neles. Eludindo o combate (cotián) nese terreo, Larcenet opta polo camiño fácil, pola descalificación simplista e non argumentada.

Por se alguén o dubidaba, sigo sen comprender o prestixio desta serie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario