Ventiladores Clyde (Sins entido, 2003) estrutúrase en dúas metades: unha primeira, na que un ancián Abe Matchcard fai balance da traxectoria do negocio familiar que dirixiu (os Ventiladores Clyde que dan nome ao relato) e reflexiona sobre a arte de vender; a segunda, na que se narra unha breve peripecia de Simon Matchcard, irmán do anterior, no seu intento de traballar como vendedor na empresa da familia. As dúas partes transcurren en momentos diferentes: o relato de Abe é retrospectivo, abranguendo, entre outros, o tempo no que transcurre a historia de Simon. A información que as dúas metades proporcionan non é abertamente contraditoria, mais si complementaria: a narración en clave obxectiva do vivido por Simon matiza as apreciacións subxectivas do seu irmán.
Seth mantén un auténtico tour de force na narración do monólogo inicial de Abe Matchcard. A escena tería moito de teatral (realmente é un soliloquio) de non ser pola creba deliberada dun principio dramático tan esencial como a unidade de espacio: Abe está en movemento continuo, desprazándose pola súa vivenda, desenvolvendo unha cadea de accións aparentemente irrelevantes que acompañan a expresión en voz alta das súas lembranzas. Por máis que abrir o relato co monólogo poida responder á propia lóxica da historia (presentar primeiro unha visión dos feitos a posteriori, pechada, reflexiva, para despois poñela en cuestión mediante a exposición dun breve capítulo da mesma) hai un divorcio entre o gráfico e o literario (Abe fai unha cousa mentres fala doutra) que non deixa de supoñer un certo desafío para o lector, que a partires dun certo momento debe asumir que “non pasará nada”, senón que coma moito “se dirá algo”. O alivio da segunda parte, a historia do irmán Simon, chégalle só aos superviventes da primeira metade do volume.
As vidas mínimas dos personaxes de Seth poden lembrar aos slice of life, mais tal asociación parece errónea. Non hai en Ventiladores Clyde un relato minimalista senón precisamente o contrario, un balance vital e un anaco de vida que son metáfora de todo: de dúas traxectorias profesionais, de dúas personalidades, de dúas vidas, dunha relación familiar. A (enganosa) sinxeleza de Seth non se esgota en si mesma, senón que apunta ao máis alto con indiscutible acerto.

2 comentarios:
pois xa sabes o seguinte: George Sprott, obra maestra absoluta ;)
Caerá, caerá...
Publicar un comentario