Philippe Dupuy é coñecido fundamentalmente polas súas colaboracións con Charles Berberian e en particular pola que é a creación máis popular de ambos, o Señor Jean. O peculiar modus operandi destes autores, responsables ambos de guión e debuxo, dificulta a correcta distribución entre eles de méritos e deméritos (correspondendo máis o primeiro que o segundo), non quedando outro remedio que o recoñecemento conxunto. A recente publicación de Obsesionado (Astiberri, 2009) concede ao lector a oportunidade de achegarse ao traballo de Dupuy como autor total e único, podendo intuir así a cantidade e cualidade da súa aportación ao dúo.
Obsesionado é unha heteroxénea compilación de reflexións, imaxes oníricas, fábulas e relatos que o seu autor semella ter recollido por unha vía semellante á escritura automática. Con trazo nervioso e apresurado, Dupuy expón un catálogo de ideas en bruto, coa forza mais tamén coas eivas do que non se someteu a refinado. A intención semella ser a de atrapar o pensamento fuxidío e partillar co lector non tanto unhas conclusións canto unha materia para a reflexión. Dupuy aporta un tratamento próximo ao nonsense que matiza a natureza íntima dos contidos e aporta unha ollada humorística, probablemente o máis acertado da obra.
A opción por un debuxo tan inacabado coma os pensamentos que reflicte resulta congruente co plantexamento da obra, mais resulta pouco favorecedor, especialmente na medida en que se recoñece, aínda que sexa remotamente, ao artista naif e colorista de Señor Jean. Porén, é de supoñer que tamén ese alonxamento do rexistro habitual daba sentido a este álbum.
Entradas relacionadas
Señor Jean: Un certo equilibrio
Señor Jean: Hora de facer balance
Señor Jean: A teoría dos solteiros
Señor Jean: Como quen oe chover

Ningún comentario:
Publicar un comentario