mércores, maio 30, 2007

Industrial Gothic



O Industrial Gothic de Ted McKeever foi unha das novidades de Recerca para o Saló de Barcelona de hai un ano. Se non o lin dende que o merquei daquela ata agora foi pola súa pésima calidade de reproducción, que non percibín no intre de adquirilo (case seguro que non o tería mercado de decatarme entón) e que estraga por completo o producto. Unha mágoa, porque as edicións de Recerca, cos seus erros, adoitan estar ben coidadas.

Industrial Gothic plantéxase como unha revisión en clave macabra dos contos tradicionais. Heroe e heroína en fuga, á busca da terra prometida. Perseguidos, capturada, rescatada en ceremonia nupcial... Os elementos individualmente considerados apelan a estructuras narrativas ben clásicas. A intención rupturista constrúese a partir da condición de feos, autistas e tolleitos dos protagonistas, e da paisaxe inhóspita na que éstes se sitúan.

O bo facer gráfico de McKeever resulta indispensable para aportar consistencia a unha historia que aporta pouco alén da súa vontade transgresora e á que, probablemente, non lle acae demasiado ben o (melo)dramático diálogo final.

Ningún comentario: