Nos meus primeiros anos como lector consciente de cómics caeron nas miñas mans varios exemplares de series como Mytek, Pouta de aceiro, O home de bronce, Kelly ollo máxico ou A araña (chamado tamén O home araña), errática e desleixadamente publicados por Vértice. A súa lectura supuña para min un claro contraste co máis semellante que eu lía daquela, os cómics superheroicos convencionais. Fronte á vistosidade formal e a planicie moral dos personaxes de Marvel e DC, éstes tiñan un aspecto estrafalario, acentuado polo acabado en branco e negro, mentres que as conviccións polas que se movían non estaban totalmente claras. Intúo que a calidade daqueles cómics non era excesiva, anque o seu poderío iconográfico parece pouco discutible. Agora ben, ó pertenceren o territorio da miña infancia adquiren un valor engadido que trascende calquera análise razonable que se poida facer ó respecto.
De aí que sentise un belisco de emoción ó chegarme a noticia de que se estaba a preparar un proxecto que recuperaría a boa parte destes personaxes, emanados de enfermizas mentes británicas que influirían notablemente sobre auntores que hoxe consideramos primeiras figuras do medio: Alan Moore, Neil Gaiman, Warren Ellis, Jamie Delano, Garth Ennis… As expectativas alcanzaban a condición de inmellorables cando o nome de Moore se vencellaba ó proxecto. E despois do auxe a caída: a mosca acubillábase tras a orella ó saberse que Alan Moore era no mellor dos casos o inspirador e valedor deste Albion, pero a guionista serían Leah Moore, a súa filla, e John Reppion, o marido desta.
Sendo esto así e vendo a ostentosidade con que os nomes de Alan Moore (remoto tecedor de fíos) e Neil Gaiman (¡autor do prólogo!) presiden a portada deste especial que recopila os seis primeiros números da edición orixinal, podo dicir que as malas expectativas poden darse por cumpridas. A historia de Moore (Leah) e Reppion resulta moderadamente amena, pero carece de calquera encanto. En nengún momento, por máis que ese sexa o eixo fundamental da trama, os personaxes deixan constancia de posuiren un pasado (coa posible excepción da Araña) vista a simplicidade con que as súas personalidades son definidas. O percorrido que leva a cabo o axente norteamericano polas instalacións nas que estas rarezas superpoderosas se atopan recluidas parece ser un acertado resumo do resultado final da narración, un simple paseo, unha roda policial na que se presentan personaxes para unha escasa identificación visual. Pola súa banda, o traballo do debuxante Shane Oakley pode considerarse correcto, suplindo algúns momentos de confusión narrativa con planos imaxinativos e un tono escuro que lle acae ben á serie.
Carece de moito sentido elucubrar sobre o que este Albion podería ter sido e xa non será. Se cadra por iso, entre esta restauración defectuosa e un pasado engrandecido polas brétemas da infancia, prefiro o segundo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario