Billy Abelás preséntase coma unha caste de fábula para adultos, ríspeta nas formas anque aparentemente inocente no fondo. O ritmo narrativo imposto por Tony Millionaire, sustentándose en cadriños amplios e texto escaso, catapulta ó lector de páxina en páxina, amosando o seu indiscutible talento para o relato absorbente.
Agora ben, se un se para a pensar, algo que o vertixinoso ritmo de lectura non facilita, decatarase de que detrás das engranaxes do que semella ser un conto infantil cun toque sinistro hai un intenso labor de reciclaxe de mitos. Reducida ás súas claves esenciais, a historia de Billy Abelás non deixa de ser outra recreación do mito do golem que cobra vida, primeiro como espírito de vinganza, despois froito do amor e da compaixón, embarcado nunha viaxe que ten como destino a súa propria redención. E porén, o autor é quen de dotar á obra dunha factura que permite disimular ese sustrato e presentalo coma un traballo orixinal e intelixente. Excelente a edición de La Cúpula.

Ningún comentario:
Publicar un comentario