venres, xullo 03, 2009

O Perdición: Os canóns de ouro




Van alá catro anos dende a publicación de O Perdición: Os canóns de ouro (Dib·buks, 2005) sen que haxa constancia algunha da súa eventual continuación máis aló dunhas planchas colgadas polo debuxante Carlos Puerta na súa páxina persoal. Unha mágoa, xa que este que se prevía como álbum inicial dunha serie de catro deixa unha moi boa impresión.

A proposta do veterano guionista Lorenzo F. Díaz axústase perfectamente aos canons das historias clásicas de piratería, con mapas do tesouro, abordaxes e duelos a espada. Sen máis pretensións que a de construir un sólido relato de aventuras, o escritor traza unha narración lineal e directa, presidida polos principios de acción e intriga e que conta coa dose axeitada de interrogantes para xustificar unha continuación. O estilo artístico do debuxante Carlos Puerta semella máis proprio de ilustración, actividade que tamén desenvolve profesionalmente, que de cómic, a pesar do cal o seu plantexamento narrativo é impecable; unha mágoa que a calidade da reprodución non permita apreciar nas mellores condicións o seu traballo.

Ningún comentario: