Tras a lectura completa dos 12 números de que constou a serie Tomorrow Stories podemos dicir que a nota predominante foi a da irregularidade. Nas súas páxinas atopamos a partes iguais enxeño e ideas fallidas, humor intelixente e chistes fáciles, experimentación fértil e improductiva. O segundo tomo (Norma, 2009), sen o factor sorpresa das primeiras entregas, pode deixar unha certa sensación de decadencia, o que non impide que se rexistren aínda momentos salientables.
A recuperación do serial protagonizado por Jack B. Quick reivindica á creación de Alan Moore e Kevin Knowlan como o personaxe máis memorable da cabeceira. Moito menos referencial que os seus compañeiros, Moore usou a este pequeno inventor da América profunda como vehículo para ideas delirantes, dende a inversión da lóxica da abducción extraterrestre á concepción das etapas madurativas do ser humano como lugares físicos (é dicir, supoñer que Adolescencia é unha vila que conduce a outra chamada Un Bo Lío). Greyshirt, o heroe pulp desenvolvido coa complicidade de Rick Veitch, foi o outro grande beneficiario do talento de Moore. Neste volume temos dende un capítulo que narra hábilmente unha historia mantendo constante a perspectiva visual do conductor dun taxi ata unha parodia de musical, cun hilarante capítulo no que as personalidades senlleiras do nazismo se reencarnan en cascudas.
No lado negativo, a ollada paródica sobre a industria do cómic que pretendía ofrecer o serial de Splash Brannigan non chega a funcionar en ningún momento, malia o correcto labor de Hillary Barta; a figura do superheroe patriótico ben merece unha parodia máis intelixente co humor zoupón e por momentos escatolóxico que atopamos no First American de Moore e Jim Baikie, algo que fica probado no capítulo no que se nos narra a orixe do heroe como acumulación de orixes tópicas, apenas o único intre en que o serial sobrevoa o seu propio nivel; por último, The Cobweb, o personaxe creado xuntamente con Melinda Gebbie, mantén unha atonía constante en todas as súas entregas.
Visto con perspectiva, un proxecto de viabilidade tan complicada como Tomorrow Stories fica na extensa produción de Moore como un experimento tan imperfecto como interesante no intento de reconstrucción do tebeo popular norteamericano que foi a súa liña ABC.
Entradas relacionadas – Tomorrow Stories
Tomorrow Stories 1
Entradas relacionadas – Alan Moore
Promethea 1

Ningún comentario:
Publicar un comentario