xoves, xullo 30, 2009

Viúva Negra: As cousas que din dela



Ou as vendas da anterior miniserie protagonizada pola Viúva Negra foron moderadamente boas ou alguén en Marvel debeu de considerala un éxito creativo, visto que lle encargaron ao seu guionista unha continuación. En As cousas que din dela (Panini, 2009), Richard K. Morgan toma como punto de partida algúns aspectos que quedaron sen pechar na historia precedente e mantén o seu ton afectadamente tremendista. A Viúva compórtase totalmente fóra de personaxe, adoptando conductas máis propias dun Punisher feminino que do personaxe do universo Marvel que se supón que é. De fondo, unha rutinaria trama sobre capos da delincuencia e vinganzas persoais que se permite suxerir, tachán tachán, que o governo dos USA leva a cabo nas sombras actividades pouco presentables. Morgan crea un contexto nada superheroico que convirte a presenza dun Daredevil pésimamente escrito nunha estridencia perfectamente innecesaria.

Así as cousas, non é de estrañar que dous artistas tan talentosos como Sean Phillips e Bill Sienkiewicz se sumen con entusiasmo ao fiasco xeralizado, anulando recíprocamente cadansúas virtudes e ofrecendo unhas páxinas toscas e desganadas. Mención especial para a escena do pesadelo de Natasha, peluche asasino incluido. Terror onírico de qualité.

Entradas relacionadas – Viúva Negra
Viúva Negra: Volta a casa

Entradas relacionadas – Sean Phillips
Criminal: Covarde

Ningún comentario: