É posible que Lewis Trondheim esté acomodado no formato Les petits riens, acumulación de sucesos anecdóticos, suponse que autobiográficos, humorísticos, pero tamén cáusticos, reflexivos. Un intúe que o autor pode producir masivamente e sen apenas esforzo páxinas como as que compoñen este O síndrome do prisioneiro (Sins entido, 2008). De feito, o que as anécdotas desprenden é facilidade e sinxeleza, o que seguramente ten que ver con que Trondheim entenda a liberdade gráfica como simplificación: as viñetas non precisan marco, é a cor de fondo a que determina o espazo que ocupa cada unha, e súa distribución vén determinada polas necesidades do (micro)relato, pode ser a tradicional (en paralelo e/ou perpendicular) ou unha variante máis caótica. Ao final todo encaixa, tamén cos argumentos, ou mellor, co personaxe (pois o argumento é o personaxe). Dentro da corrente de traballos autobiográficos que proliferan dende hai uns anos, Trondheim opta por unha variante minimalista e vocacionalmente intrascendente, vacinada de vaidade por un humor ácido e moi persoal. Así que pode que si, que Trondheim esté acomodado, que arrisque pouco e se repita. Pero funciona.
Entradas relacionadas
A maldición do paraugas
As aventuras do universo
Entradas relacionadas
A maldición do paraugas
As aventuras do universo
Ningún comentario:
Publicar un comentario