Paquidermo (Astiberri, 2009) ábrese coa imaxe dunha estrada colapsada polo cadáver dun elefante, primeiro sinal de que atravesamos unha fronteira e nos adentramos nun espazo que non se rexe pola racionalidade convencional. E efectivamente, pingas de irrealidade comezan axiña a salferir a narración, advertindo da súa especial natureza (surreal, onírica). Máis outra vez, Frederik Peeters esquiva a súa propia sombra e plantexa un relato alonxado por igual do futurismo melancólico de Lupus, do policíaco realista de RG ou do intimismo de Pílulas azuis e construido arredor da dosificación e camuflaxe da información que se lle ofrece ao lector. Dado o ton onírico da historia, para o lector será tan importante acceder a todos os datos como determinar a súa veracidade. Peeters opta por unha solución intermedia, restablecendo o principio de realidade no tramo final da obra e poñendo ao alcance do lector información abondo para comprender certos trazos xerais do relato mais deixando marxe para a interpretación do resto.
Peeters esfórzase por manter un grao de preciosismo gráfico superior ao da maioría das súas obras previas. Non pasan desapercibidas as súas composicións de páxina nin a exuberante paleta de cores que emprega, o que, sumado ao grande formato da obra (respectado pola edición española), dá a entender ata que punto o aspecto visual forma parte de mensaxe. O relato parece concebido, entroutros motivos, para desencadear unha poética visual apenas ensaiada polo debuxante suizo na súa produción previa. Porén, o código simbólico ao que recurre resulta pouco orixinal, valéndose dun repertorio de imaxes tan explotado nos relatos oníricos como alonxado da que é a súa materia orixinaria: os proprios soños. Non estando á altura das súas mellores obras, Peeters é quen de lle imprimir a Paquidermo un halo de romanticismo e un alento clásico que fan que a súa lectura resulte máis que xustificada.
Entradas relacionadas
Pílulas azuis
RG: Riyad-Sur-Seine
RG: Bangkok-Belleville
Lupus

Ningún comentario:
Publicar un comentario