É difícil facerlle xustiza a un creador tan grande coma Albert Uderzo. No texto que escribín para Biosbardia tento ir un pouco máis aló de Astérix e Obélix. Falo dos seus primeiros traballos, da evolución do seu debuxo e tamén menciono algún erro da súa carreira. Foise unha das figurais centrais do cómic do século XX.
Amosando publicacións coa etiqueta Biosbardia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biosbardia b>. Amosar todas as publicacións
venres, abril 03, 2020
martes, decembro 03, 2019
Biosbardia: ‘Grandville’, o Imperio británico convertido en colonia
Hai unhas semanas publiquei en Biosbardia un texto sobre Grandville, a máis recente serie de Bryan Talbot, un pastiche de xéneros e referencias no que o misterio policial e o puro divertimento deixan tamén espazo para o comentario político.
domingo, abril 28, 2019
Biosbardia: U-los clásicos do cómic galego?
Hai unhas semanas escribín esta peza para Biosbardia na que falo da clamorosa inexistencia de reedicións recentes dos clásicos da banda deseñada galega. Nin os estudiosos nin o público xeral teñen fácil acceso ás obras que estableceron os alicerces do cómic galego contemporáneo, algo que ilustra unha dobre febleza: a do noso sistema cultural e a da BD dentro del.
sábado, marzo 23, 2019
Biosbardia: Tintín galegofalante
Coa saída de novos álbums de Tintín en galego como pretexto, escribín para Biosbardia unha breve peza sobre a tradución de banda deseñada ao galego: Tintín galegofalante.
venres, febreiro 08, 2019
Biosbardia: "A Viñeta de Schrödinger", a épica da supervivencia
![]() |
| "Ratas de peirao" por Víctor Rivas e Antonio M. Fraga |
Onte aparecía a miña primeira colaboración na revista dixital Biosbardia. Nela analizo A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva e na que colaboran vellos coñecidos da BD galega (Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kohell, Víctor Rivas...) canda artistas que forman parte das primeiras promocións do Garaxe Hermético de Pontevedra (Miriam Iglesias, Fon, Aldara Prado, Zaida Novoa...).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



