sábado, janeiro 26, 2008

O retorno á terra: A vida auténtica



Xa teño deixado constancia de que non comparto o entusiasmo maioritario por Manu Larcenet. A miña experiencia coa súa obra lévame a ter unha mellor consideración do seu traballo canto menores son as súas pretensións. Iso sería, a priori, un bo agoiro de cara a unha serie como O retorno á terra, que se plantexa como o anecdotario en clave pseudo-biográfica dunha parella de urbanitas que se trasladan a vivir ó campo.

E debo dicir que cando menos a primeira entrega da serie, A vida auténtica (Bang Ediciones, 2007), confirma a tendencia previa. A razón de un gag por páxina (algunhas delas dunha soa viñeta), Larcenet desprega a súa vea máis despreocupada e cómica, con anécdotas que, en moitos casos, funcionan por acumulación e cuns personaxes que, desprovistos de calquera gravedade, resultan abondo máis agradables que os d’Os combates cotiáns. Descoñezo que parte de mérito lle corresponde a Jean-Yves Ferri, acreditado como co-guionista da obra, pero recoñezo que tras a súa lectura quedei con ganas de máis.

Entradas relacionadas
A liña de fogo
Os combates cotiáns: O que de verdade conta
Os combates cotiáns: Tantas cousas pequenas
Os combates cotiáns

2 comentários:

Ghanito disse...

Non gustarás de Larcenet, porén non deixas de darlle oportunidades.
E concordo coa preferencia por esta serie (que leva xa tres números editados en España) porén non o fago co das poucas pretensións, o libro sobre Robin Hood (que me parece ainda menos ambicioso) non me gustou un carallo. (e eu si que son fan, ainda que recoñezo que cautivoume en persoa ademais de coa sua obra)

Ollo de Vidro disse...

O certo é que buscaba (e sigo a buscar) un cómic sobre natureza e/ou ecoloxía. Admito suxerencias...

Xa lin por aí que esa historia sobre Robin Hood era bastante frouxa. En calquera caso, mirarei de ler os volumes 2º e 3º deste "Retorno á terra".