“Es mi tebeo fantasma, una obra que dibujé y cobré, en la cual Kike y yo pusimos el alma y que me trae muy buenos recuerdos, pero en Galicia se conoce poco, y fuera de Galicia menos”. David Rubín referíase nestes termos nunha entrevista recollida no número 2 da revista Zona Cómic a Uxío Novoneyra: A voz herdada, cómic creado por el mesmo en colaboración co guionista Kike Benlloch e que foi publicado pola Xunta de Galicia en 2010, ano no que o Día das Letras Galegas estivo dedicado ao poeta do Courel. Con esa declaración como punto de partida, mantiven cos dous autores unha conversa que agora publica Praza Pública. Nela, ambos lembran como foi o proceso de creación do título e a súa posterior publicación, ao tempo que reflexionan sobre a figura de Novoneyra, os traballos por encomenda, a edición promovida institucionalmente e a liberdade creativa.
2 comentarios:
Eu tentara conseguilo de mil maneiras e fora imposible, nen sequera chegou ao centro! Ains, unha vergoña da organización institucional deste tipo de actividades de promoción da língua. Mais vai ser mellor calar, que este é un blog serio e agradable, e non o quero lixar con manidos comentarios e queixas do que non se está a facer nin remotamente ben no noso pequeno país.
O peor é imaxinar que eses exemplares están amoreados nalgún almacén, en vez de ter cada un a súa vida nunha biblioteca (ou nunha casa). En calquera caso, se nin sequera o liches sabes que tes varias posibilidades (legais) de facelo.
Aquí téñeno:
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=219
E aquí, podes pedilo por préstamo intrabibliotecario:
http://rbgalicia.xunta.es/santiago/
Publicar un comentario