Aínda que non se mencione explícitamente no texto, todo indica que Atando cabos (Planeta, 2008) será o derradeiro tomo recopilatorio que Planeta edite da serie adicada ao que fora o Robin orixinal, en coincidencia coa marcha da mesma do que foi o seu principal artífice, o escritor Chuck Dixon. Botando unha ollada cara atrás pode facerse un balance moi positivo do labor deste guionista, que foi quen de recoller as esencias dun personaxe que tiña xa ao lombo unha longa traxectoria e enriquecelo dotándoo dun contexto de seu. Se Nightwing é hoxe unha figura destacada do universo DC é, en boa medida, grazas a que no seu día foi quen de soster de por si unha cabeceira propria (que aínda hoxe continúa nos USA).
Dito isto, o certo é que este tramo final da serie non lle fai xustiza ao que ata o de agora foi o nivel de calidade medio da mesma. Podemos exculpar a Dixon, por máis que siga a asinar os guións, e sinalar á política editorial de DC como responsable. E é que os máis dos números que recollen tanto o mencionado Atando cabos como o tomo que o precedeu, Instinto asasino (Planeta, 2008), están vencellados a dous deses macroeventos editoriais que multiplican as vendas na mesma medida en que dificultan o labor creativo dos equipos que levan as distintas series, máxime se, como é o caso, a cabeceira en cuestión só se ve afectada tanxencialmente polos acontecementos do evento principal. E así, o concurso de Nightwing no aséptico Joker’s last laugh ou nos máis interesantes Bruce Wayne: asasino e Bruce Wayne: fuxitivo podería ter sentido como parte daquelas historias, mais non como lecturas descontextualizadas, necesariamente incompletas e decepcionantes por moito oficio que lle poña o guionista.
É unha mágoa que Planeta decida non continuar coa etapa da que sería a seguinte guionista regular da mesma, Devin Grayson, escritora que xa deu unha interesante versión do personaxe durante a súa estadía á fronte da serie dos Titáns e que ofrecería tamén boas historias na súa propria cabeceira, como tivemos ocasión de comprobar nos tres tomos que no seu día publicou Norma e que enlazan co punto en que Planeta deixa a serie. Haberá que conformarse, seica, con apreciar os bos momentos que xa ofreceu esta serie e conservar a esperanza de que os que faltan vexan a luz algún día.
Entradas relacionadas

Ningún comentario:
Publicar un comentario